Aduanas rexistra a sede de Monbus en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

Axentes de Vixilancia Aduaneira procederon este xoves a rexistrar a sede da empresa de transporte Monbus no municipio de Lugo no marco dunha nova operación. Fontes consultadas sinalaron que de noite se prodeceu ao precinto das instalacións de Monbus en Lugo, empresa que preside Raúl López, para ser rexistradas este xoves.

As dilixencias enmárcanse dentro dun novo operativo ordenado polo Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que leva a maxistrada Pilar de Lara Cifuentes, que tamén instrúe operacións como a ‘Pokémon’.

As dilixencias deste operativo, que acaba de comezar e está en marcha, foron declaradas secretas pola xuíza instrutora. Fontes consultadas precisaron que estas non se enmarcan dentro da ‘Operación Pokémon’, que tamén instrúe De Lara.

19 de marzo de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.