publicidade hoxe

Abre as súas portas o Centro de Interpretación Aquae Querquennae en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

O Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova sito en Porto Quintela (Bande) abre as súas portas do día 20 ao 22 de Marzo e do 28 de Marzo ao 6 de Abril, ambos inclusive. Os visitantes poden acceder ao centro en horario de 11:00h. a 13:00h. e de 16:30h. a 19:30h.

A planta superior do centro alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos, que habitaban as terras do entorno, entre O Vieiro e o val do Salas, de norte a Sur, e A Limia e serras de Santa Eufemia e Xurés, de este a oeste. A planta baixa fai un percorrido pola Vía Nova, dende Braga a Astorga.

19 de marzo de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.