A Xunta participa nos actos de Igualdade organizados no Carballiño
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe nos actos de Igualdade levados a cabo no concello de Carballiño, onde fixo entrega dos diplomas do curso Rede Emprende en Igualdade.
A Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, puxo en marcha no ano 2013 a Rede Emprende en Igualdade, na que participaron 8 alumnas do concello de Carballiño. Para o seu desenvolvemento a Secretaría Xeral de Igualdade ademáis de contar coa colaboración do CPEIG, a Amtega puxo á súa disposición a súa rede de aulas CEMIT.
A Secretaría Xeral da Igualdade a través do Proxecto Rede Emprende en Igualdade, pretende impulsar o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para facilitar a alfabetización dixital das mulleres galegas, en particular no ámbito rural. Ten coma como finalidade mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e as redes sociais, así como a posta en marcha e modernización das actividades e capacidades empresariais e persoais, fundamentais hoxe en día para acadar unha mellora profesional.
Así, desenvolvense accións de formación para facilitar o acceso e uso das TIC e mellorar as capacidades para a incorporación ao mercado de traballo e o emprendemento feminino, posto que constitúen actuacións eficaces para a xeración e o mantemento de emprego, mobilización de recursos e corrección de desequilibrios rexionais que repercuten na redución da taxa de paro feminino.
Esta iniciativa inscríbese no eixe 3 do VI Plan Galego para a Igualdade entre Homes e Mulleres, da Xunta de Galicia, que busca “outorgar un maior protagonismo ás actuacións que contribúan a facilitar a autonomía económica das mulleres galegas, o que leva a fomentar o seu acceso ao mercado laboral, así coma o seu desenvolvemento profesional e a posta en valor da súa iniciativa emprendedora”.
Ademais, no mesmo marco fixéronse entrega dos diplomas dos cursos de Autodefensa para Mulleres, Cociña, Comparte, Iguálate, Corresponsabilidade nas tarefas dómesticas; dos Premios do IV concurso fotográfico 20015 “Unha mirada de xénero: Con E de Emprendedoras”; e entregouse á Asociación Española de loita contra o cancro do donativo recollido na andaina solidaria “O Carballiño camiña pola Igualdade”. A directora do Programa ‘Woman Emprende’ da USC, Eva López Barrio, deu unha charla sobre emprendemento feminino a mulleres empresarias e emprendedoras do Carballiño.











