publicidade hoxe

A Xunta expresa o seu pesar polo falecemento de dous mariñeiros en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

A Xunta de Galicia expresou hoxe o seu pesar polo falecemento dos dous mariñeiros que esta mañá perderon a vida no concello coruñés de Laxe. Durante unha visita ao novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou en nome do Goberno galego as súas condolencias aos familiares e amigos, así como a solidariedade co sector.

“Lamentablemente, hai días en que as emerxencias marcan as noticias, e hoxe é un día triste. En primeiro lugar para Galicia, co falecemento destes dous mariñeiros; e en segundo lugar, para toda Europa, co accidente aéreo dos Alpes”, manifestou.

24 de marzo de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.