publicidade hoxe

A Xunta destinou ao Concello da Cañiza 600.000 euros grazas ao Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Alfonso Rueda na Cañiza

Alfonso Rueda na Cañiza

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou no concello pontevedrés de A Cañiza as obras realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, cuxa subvención en 2014 foi de máis 93.000 euros cos que se levou a cabo a mellora ambiental da Praza Maior e o acondicionamento da área recreativa Regueiro, entre outros.

Na visita tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e o alcalde da localidade, Miguel Domínguez. Rueda lembrou que o Fondo procede do canon eólico e leva xa seis anos beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias.

Así mesmo, destacou que tamén representa un beneficio para os seus cidadáns, xa que subvencionan iniciativas de mellora do entorno e conservación do medio ambiente; e contribúe ao reequilibrio territorial, posto que a meirande parte dos beneficiarios son concellos pequenos e do interior, como é o caso de A Cañiza. O ano pasado o FCA destinou 8,7 millóns de euros a través das súas liñas de concorrencia competitiva e non competitiva.

Nos últimos anos, A Cañiza recibiu case 600.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, e grazas ás axudas do ano pasado levouse a cabo a mellora ambiental da Praza Maior, acondicionouse a área recreativa do Regueiro, instaláronse colectores e adquiriron un cortacéspede e unha cisterna de rego.

En canto á Orde de Infraestruturas, o concello da Cañiza recibiu máis de 37.000 euros para adecuación de dous parques, o de Valeixe e o das Tapadas. O ano pasado beneficiáronse desta Orde máis de 70 concellos galegos, que puideron desenvolver distintos proxectos que redundan directamente no benestar dos seus veciños.

A Xunta apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Tamén se poden subvencionar actuacións de mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais.

17 de marzo de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.