A Xunta destinou 270.000 euros para o funcionamento do CIM de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

A secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá o Centro de Información á Muller de Palas de Rei onde manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que ano tras ano reciben unha parte moi importante da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade.

O CIM de Palas de Rei recibiu nos últimos anos achegas da Xunta por un total de 267.737 euros. O centro conta cunha asesora xurídica, un asesor psicolóxico e a directora de Centro. Conta con servizo de teletradución. O ano pasado atenderon a 113 persoas e recibiron un total de 179 consultas.

En 2014 as axudas da Xunta achegaron 3,4 millóns de euros a programas de promoción da igualdade, prevención e tratamento integral da violencia de xénero, fomento da conciliación e apoio aos CIM, dos que se beneficiaron máis de 200 concellos galegos.

Ademais, o Concello de Palas de Rei está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

Dentro das actividades ofertadas pola Rede, o CIM de Palas de Rei levou a cabo un obradoiro sobre “ Violencia de xénero e o novo contexto dixital”, para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero centradas no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, coma a ciberviolencia de xénero, groomig ou sextorsión. Participou tamén na exposición “Cartas de Amor”, que aglutina ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.

13 de marzo de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.