A veciñanza de Rioseco confirma ao alcalde de Monforte a súa satisfacción coa mellora das rúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

As actuacións que o Concello levou a cabo nas rúas Rioseco e Poetisa María Mariño contan coa aprobación da maioría da veciñanza deste barrio monfortino.

O alcalde non tivo coñecemento de ningunha queixa motivada pola mellora destas rúas, ata que no día de onte se entregou no Rexistro Municipal un escrito asinado por un grupo de vecinos e veciñas.

No mesmo momento en que recibiu o citado escrito, Severino Rodríguez púxose en contacto coa Asociación de Veciños de Rioseco. Os e as integrantes da asociación quedaron absolutamente sorprendidos por estas queixas e manifestáronlle ó alcalde a súa satisfacción polas actuacións realizadas no seu barrio.

A intervención do Concello na mellora destas rúas ampliouse a petición da veciñanza, executándose tamén a limpeza e asfaltado das cunetas e a colocación de badéns e sinais de límite de velocidade. Con estas actuacións, a veciñanza dispón agora dunha rúa máis ampla.

Segundo lle manifestaron os veciños e veciñas ó alcalde, non se forman bolsas de auga nin se levanta gran cantidade de pó, simplemente se desprende algo de gravilla como é natural en tódolos asfaltados ata que asenta o firme.

Severino Rodríguez sinala qué, no caso de que exista un informe que constate un problema de saúde pública, tal e como indican as persoas que asinaron o escrito de protesta, o Concello estudarao e tomará as medidas pertinentes.

Finalmente, o alcalde amosa o máximo respecto ó dereito das persoas a adoptar as medidas legais que estimen oportunas.

10 de marzo de 2015 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.