A UAD de Monforte coordina o programa de servizo responsable de alcohol “Ti serves, ti decides”
O Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte coordina un ano máis o programa “Ti serves, ti decides”, sobre o servizo responsable de alcohol.
Trátase dun programa da FEBE (Federación Española de Bebidas Espirituosas) que ten como obxectivo difundir entre todos aqueles futuros profesionais de hostalaría, que venderán e servirán bebidas alcohólicas, unha serie de coñecementos e ferramentas sobre o alcohol, o seu servizo e a súa venda, que axuden a crear un ocio máis saudable e de calidade.
Este programa de servizo responsable de alcohol levouse a cabo na Escola de Hostalaría Belarmino Fernández, en Rosende.
Nas sesións fórmase ós futuros hostaleiros acerca do servizo responsable de bebidas alcohólicas, coñecementos sobre alcohol, lexislación, métodos de servizo de bebidas que reducen os problemas, o beneficio de aplicar o programa no seu negocio e outras cuestións de interese para eles.
Para impartir estas sesións desprazouse dende Madrid, como en anos anteriores, Jacobo Peña, responsable de formación da FEBE.
Dende a UAD agradecemos a colaboración tanto da FEBE como da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández pola axuda desinteresada que realizan para poder alcanzar o obxectivo de fomentar un ocio de calidade evitando consumos indebidos de alcohol.











