publicidade hoxe

A Tradescola impartirá un curso de afinación e ornamentación de gaita en Outeiro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOuteiro de Rei
A-
A+

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, está a realizar nesta semana, xornadas didácticas adicadas á música tradicional na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Estas xornadas, iniciáronse o pasado luns cun concerto didáctico adicado a escolares que estivo guiado polos mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Menchu Saborido e Gerardo Quintela e continuarán o vindeiro domingo día 8 cun curso de afinación e ornamentación de gaita impartido por Pedro David Lamas Varela en horario de 11.00 a 14.00 horas, e no que os asistentes poderán coñecer aspectos sobre a afinación da gaita: afinación do ronco, afinación da ronqueta, pautas a seguir para acadar unha perfecta afinación do punteiro e tamén distintos recursos de ornamentación tradicional, e os ornamentos máis empregados á hora de interpretar unha melodía coa gaita.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos pensamos que este tipo de xornadas, que están orientadas aos alumnos, profesorado e persoas interesadas na música tradicional en xeral, favorecen a difusión e promoción da  cultura tradicional e axudan a incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual.

6 de marzo de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.