A segunda xornada de infantil do Xogade desenvolverase en Vigo este sábado
Intensa a actividade da Escola Municipal de Atletismo o sábado pola mañá, xa que se celebra no Estadio de Balaídos de Vigo, a segunda xornada infantil do XOGADE de atletismo en pista, que organiza a Secretaría Xeral para O Deportes.
Nesta ocasión os atletas infantís da Sociedade Ximnástica terán a súa oportunidade de seguir sumando marcas para intentar clasificarse para o Campionato provincial.
Na primeira xornada en Vilagarcía, sumaron preto dunha vintena de postos de podio, será difícil repetir esa cifra xa que a zona de Vigo ten grandes equipos, aínda así espérase que melloren a maioría deles as súas marcas persoais.
Ángel Vargas, será o único atleta da Ximnástica no nacional xuvenil de pista cuberta
O atleta da Sociedade Ximnástica, Ángel Vargas, estará en San Sebastián, disputando o Campionato de España Xuvenil de pista cuberta.
O pupilo de Julio Ventín, participa na proba de 400 metros e posúe a sexta mellor marca dos participantes.
O sábado ás cinco e media da tarde afrontará unhas semifinais moi complicadas, coa mente posta en meterse na final na que soamente hai 6 prazas.











