A rúa Hortas permanecerá pechada ao tráfico rodado este mércores pola mañá
A concellería de Tráfico informa que a rúa Hortas permanecerá pechada á circulación de vehículos este mércores día 25 de marzo pola mañá. Debido a necesidades da obra que se está realizando no nº 36 da citada rúa, a calzada quedará pechada ó tráfico rodado entre as 9:00 e as 13:00 horas. Dende a concellería de Tráfico pídense desculpas polas molestias que podan ocasionarse.











