A rúa Hortas pecharase ao tráfico o martes pola mañá
A concellería de Tráfico informa que a rúa Hortas permanecerá pechada á circulación de vehículos mañá martes día 17 de marzo pola mañá. Entre as 9:00 e as 13:00 h levarán a cabo a retirada de vigas na obra que se está realizando no nº 36 da citada rúa, motivo polo que a calzada quedará pechada ó tráfico rodado. Dende a concellería de Tráfico pídense desculpas polas molestias que podan ocasionarse.











