publicidade hoxe

A proxección da película ‘A esmorga’ súmase ás actividades do Lázaro 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

En pases para todos os públicos o venres día 20 e o sábado día 21, ás cinco e as sete e media da tarde, e o xoves día 19 en sesión matinal para alumnado do ensino secundario obrigatorio, a película ‘A Esmorga’ será exhibida na Casa da Cultura de Verín.

O filme chega a nosa comarca a través dun convenio entre o Concello de Verín e a Vía Láctea Filmes, polo que o Concello lle facilita, no fin de semana da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, o espazo para a proxección á empresa que produciu a película, sumándose así aos eventos lúdicos, gastronómicos, deportivos e culturais previstos para estas tres xornadas de festa en Verín.

A Esmorga é unha película inspirada na novela de Eduardo Blanco Amor do mesmo título, unha das obras narrativas cumio da literatura galega. Crónica tensa e intensa de vintecatro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van pechando portas tras de si, tal coma se adrede camiñaran cara a súa perdición.

O filme, protagonizado por Karra Elejalde, Antonio Durán “Morris” e Miguel de Lira, foi estreado nas salas galegas o pasado 21 de novembro, e converteuse no gran acontecemento cinematográfico do outono en Galicia. Karra Elejalde,protagonista na película máis taquilleira do cine español, ‘8 apellidos vascos’, ePremio Goya á interpretación masculina de reparto no ano 2010 por ‘También la lluvia’, interpreta en ‘A esmorga’ao personaxe de Bocas, verdadeiro motor da acción. Antonio Durán “Morris”, protagonista das máis exitosas producións da televisión en Galicia, Interpreta en ‘A esmorga’ a Milhomes. Miguel de Lira,Premio Mestre Mateo á Mellor Interpretación masculina protagonista 2013 por ‘Somos gente honrada’, é un dos máis recoñecidos actores galegos dos últimos anos, interpreta en ‘A esmorga’ao personaxe de Cibrán, narrador desa esmorga de 24 horas polas rúas de Auria.

O director, Ignacio Vilar, conta con experiencias exitosas na función directiva en longametraxes como ‘Vilamor’, 2012, proxectada no Festival de Cine Internacional de Nova York, Festival de Cine do Cairo e Festival Internacional de Cine para a Paz de Yakarta ou ‘Pradolongo’, 2008, Premio Cidade de San Sebastián Film Commission-Festival Internacional de Cine de San Sebastián, Premio Jerry Goldsmith e Premio Hollywood Music in Media Awards.

A Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín” 2015 está organizada polo Concello de Verín e patrocinada por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

16 de marzo de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.