A programación infantil regresa ao Teatro Jofre coa obra “A casa do avó”
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este domingo, día 15 de marzo, unha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos que terá lugar no Teatro Jofre. A obra infantil “A Casa do Avó” dará comezo ás 18:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Esta obra aborda a noticia que recibe Roberto de que seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis varias personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.