A primeira opción de Diego Núñez é quedarse no Prone Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Esta tarde celebrouse a rolda de prensa previa á semifinal da Copa Xunta que este venres (18:00 horas- Pavillón Municipal) enfrontará ao Prone Lugo ante o Santiago Futsal, nela interviñeron o técnico Manolo Vázquez e o xogador Diego Núñez.

Declaracións:

Diego Núñez: “Unha vez que se certificou o descenso quédanos traballar de face ao ao que vén, e a posibilidade de loitar pola Copa Xunta é unha esperanza. O certificarse o descenso foi un pau para todos, agora debemos centrarnos na Copa Xunta e esquecernos por un momento do descenso. Dóeche perder un derbi, pero o descenso doe independentemente do rival. É moi importante estar ao nivel de Santiago en intensidade, temos que estar á súa altura ou por encima para poder competir. Está claro que non che gusta verte aí abaixo, hai que pasar páxina e traballar. O xeonllo ás veces dóeme pero estou empezando. A miña primeira opción é quedarme aquí, pero acabo este ano e aínda non está claro”.

Manolo Vázquez: “Diego está aí aí a ver si pode aportar algo, Nacho non creo que dea chegado, Jose está renqueante e Antonio tamén ten algún problema, estamos algo xustos pero imos competir. Vai xogar Areñas en portería. Agora empeza outro novo axuste, estamos crecendo en procesos e competencias, que temos que deixar consolidados de aquí a final de tempada. Temos que subir a nota en repliegue e intensidade, con balón crecemos, pero fáltanos sufrimento a nivel defensivo. Gustaríame gañar A Santiago e gañar a Copa Xunta, nós estamos axustando e planificando. Quero que Óscar estea aquí cinco anos, ten que ser un líder en todos os sentidos, pero estámolo madurando, os máis maduros son os que teñen que tirar do carro e dos máis novos. O que queira estar aquí ten que asumir unhas competencias. Temos que crecer tres puntos en intensidade e repliegue, gústame un nivel similar ao de Jaén. Tanto en Primeira como en Segunda División o repliegue é moi importante, a clave do partido do venres pode estar na intensidade e repliegue, andando non se gañan os partidos. O club e Manuel Vázquez chamaron a Burela, eu chamei o sábado ás catro da tarde para desexarlles sorte e que era importante a súa vitoria para o fútbol sala da provincia, e díxenlles que me sentía orgulloso do traballo que fixeran ante Inter.”

18 de marzo de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.