publicidade hoxe

A primeira fase do saneamento na Barcala estará en servizo a comezos de 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaNegreira
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras en execución da primeira fase do saneamento na Barcala para os concellos de Negreira e A Baña, unhas actuacións que estarán en servizo nas primeiras semanas de 2016.

Ethel Vázquez explicou que a Xunta está investindo preto de 6,6 millóns de euros nestas infraestruturas hidráulicas, que consistirán na execución dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) en Negreira e un novo tanque de tormentas, así como preto de 2,5 quilómetros de novas conducións.

A titular de Medio Ambiente indicou que é unha actuación que se fai con planificación e coa vista posta no futuro, posto que conta con capacidade suficiente para, en futuras conexións, ofrecer saneamento a máis veciños.

Vázquez adiantou que ao remate da fase II, todos os núcleos rurais do Barcala contarán cun sistema de saneamento axeitado. Para esta segunda fase a Xunta continuará avanzando na súa tramitación de xeito coordinado co desenvolvemento desta fase I.

A responsable de Territorio indicou que esta é unha proba máis do compromiso deste Goberno co saneamento das nosas augas, unha das materias prioritarias pola súa importancia ecolóxica e ambiental. Concretou que dende o ano 2009 a Xunta de Galicia investiu 1.000 millóns de euros para unha correcta depuración das augas residuais co obxectivo de devolvelas ao medio en condicións óptimas de calidade.

9 de marzo de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.