A Policía Local de Santiago detén dous homes pola subtracción dun coche
A Policía Local de Santiago detivo na madrugada do venres ao sábado pasado, arredor das 5, dúas persoas por un delito de furto de uso dun vehículo. Os feitos aconteceron na zona de Ponte Pereda, onde unha patrulla apreciou nos ocupantes dun vehículo un comportamento errático. Estes dous homes, unha vez que se dan conta da presenza policial, abandonan o coche a toda presa.
Os axentes comprobaron coa central de comunicacións que o vehículo figuraba como subtraído e procederon á localización dos individuos, que foron finalmente detidos nas inmediacións. Así mesmo, levaban encima diversos obxectos dos que non souberon explicar a procedencia, polo que todo parece indicar que se trata de pertenzas roubadas.
Os dous homes foron trasladados polos axentes da Policía local a dependencias do CNP para o ingreso en calabozos e posta a disposición xudicial. O vehículo levouse ao ao depósito municipal para a correspondente inspección ocular e posterior devolución ao seu propietario.