A parada de bus da Concha estrea marquesiña reciclada polos carpinteiros do obradoiro de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os usuarios do transporte público urbano con parada na Praia da Concha dispoñen dende hoxe dunha nova marquesiña na que esperar o autobús. Trátase dun traballo realizado polos alumnos do módulo de carpintería do Obradoiro de Emprego do Concello que construíron reciclando elementos e engadindo materiais novos. Os operarios do Servizo de Obras encargáronse esta mañá de retirar a caseta vella e de colocar no seu sitio a nova.

A marquesiña está construída en madeira e vidro. O elemento reciclado foi a cuberta de madeira que se quitou dunha estrutura de bloques de cemento da parada de Aralde. Alí colocouse unha marquesiña convencional e a cuberta de madeira foi rehabilitada polos alumnos do módulo de carpintería. En vista do bo resultado dos traballos, decidiuse aproveitar a cuberta para facer unha nova marquesiña con postes de madeira e paredes de vidro. Nos vindeiros días colocaranse os vinilos co logotipo do Concello.

26 de marzo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.