publicidade hoxe

A Obra Social “la Caixa” apoia dous proxectos impulsados polo Concello de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+
Reunión de La Caixa co alcalde de Vimianzo

Reunión de La Caixa co alcalde de Vimianzo

A Obra Social “la Caixa” aportará ao Concello de Vimianzo 8.000 euros que se destinarán a posta en marcha e desenvolvemento de dous proxectos sociais impulsados polo consistorio. O primeiro deles ten como obxectivo a loita contra o fracaso escolar. A esta iniciativa destinaranse un total de 5.000 euros para axudar a creación dunha entidade educativa dirixida a alumnos en dificultades.

O segundo dos programas enmárcase no labor de formación e orientación para colectivos en dificultades de inserción. Este proxecto recibirá 3.500 da entidade.

A colaboración da Obra Social “la Caixa” foi trasladada ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, polo director da oficina da entidade nesta localidade, Ángel Buño. No acto, Buño manifestou ao alcalde a satisfacción de todos os empregados de CaixaBank por poder colaborar na atención das necesidades sociais dos cidadáns de Vimianzo.  

Obra Social “la Caixa”: máis comprometidos que nunca

O compromiso de “la Caixa” coas necesidades da sociedade na que desenvolve a súa actividade financeira e co benestar das persoas, un dos seus trazos máis definitorios desde o seu nacemento en 1904, adquire unha dimensión maior, e máis diferencial que nunca, nas actuais circunstancias. Malia as dificultades, a entidade manterá o presuposto da súa Obra Social durante 2015 en 500 millóns de euros, a mesma cifra presupostada nos 6 años precedentes.

Neste sentido, 67% del presuposto (334,9 millóns de euros) destinarase ao desenvolvemento de programas sociais e asistencias. A resposta ás problemáticas sociais máis urxentes e a atención ás persoas máis vulnerables continúan sendo prioridades fundamentais.  

30 de marzo de 2015 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.