A nova senda ornitolóxica de Abegondo permitirá gozar da riqueza da avifauna
A directora xeral de Conservación da Natureza, salientou esta mañá que a nova ruta ornitolóxica do Concello de Abegondo, unha actuación que contou cunha axuda a actividades en concellos incluídos na Rede Natura 2000a, permitirá gozar e coñecer a riqueza avifauna que habita nun ecosistema cun excelente grado de conservación.
Unha posibilidade para os afeccionados e ao público en xeral desta contorna moi relevante, grazas á diversidade dos seus ecosistemas e ao seu excelente grao de conservación, o que se traduce na presenza significativa de algunhas das especies máis emblemáticas deste tipo de ecosistemas. A modo de exemplo citou o ánade real, a cerceta, o pato culler, a ánade silbón, a ánade friso, a ánade rabudo, o porrón moñudo, a focha común, a pola de auga, a garza, a garzota ou avefría.
Tamén se pode observar unha importante colonia de corvo mariño grande que é observable sobre ramas e troncos que sobresaen da auga, as gaivotas patiamarelas e reidora, as aves rapaces diúrnas, como o azor, gabián, ratoeiro e falcón, e as rapaces nocturnas, como a curuxa, avelaiona ou bufo chico.
A directora destacou que se trata dun espazo moi especial polo seu importante valor natural, que pertence á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e que constitúe un exemplo de biodiversidade e de riqueza ambiental, nun encoro que ten acadado un ecosistema moi semellante aos humidais naturais
Recordou que se trata dunha das 59 ZEC (Zona de Especial Conservación) que integran a Rede Natura de Galicia.
A directora salientou o traballo realizado polo Concello de Abegondo a prol do medio ambiente, ofrecendo este recurso a todos os galegos, e afeccionados á observación das aves en xeral. Unha actividade que na actualidade esperta un interese crecente, non só pola súa importancia ambiental en sentido estrito, senón tamén, como contribución ao fomento dun turismo sustentable, compatible coa conservación dos valores do medio e xerador de riqueza.