publicidade hoxe

A nave de moluscos de Tragove disporá dun centro especializado para a descarga e poxa de moluscos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, inaugurou hoxe as instalacións da nave de moluscos de Tragove, en Cambados. Este edificio contará cun centro especializado para a descarga e poxa de moluscos e ademais contén un espazo de usos múltiples, unha cámara de conxelado e outra de fresco para a conservación de produto.

A conselleira do Medio Rural e do Mar sinalou que a obra está rematada e que agora Portos de Galicia está tramitando a concesión da nave. Neste sentido, explicou que no prazo aproximado dun mes a confraría de Cambados poderá empezar a utilizala para o almacenamento de material e como cámara frigorífica. En canto á poxa de moluscos, a conselleira informou que esta parte estará dispoñible en canto o seu departamento remate a tramitación da dotación de mesas e do sistema de poxas.

Rosa Quintana subliñou que esta obra forma parte do compromiso da Consellería do Medio Rural e do Mar para mellorar as condicións de traballo dos usuarios do porto e de comercialización dos nosos produtos pesqueiros. É un centro de concentración de moluscos, específico para a primeira venda deste produto, deseñado para poder realizar esta actividade en condicións ambientais e hixiénicas axeitadas, con características de illamento térmico, luminosidade natural e eficiencia enerxética, explicou a titular de Medio Rural e Mar.

Características

A nave de moluscos ten unha superficie útil de máis de 840 m2. Ten, entre outros espazos, sala de poxa, dúas salas de comisos, almacén, cámara de fresco, cámara de conxelado e sala de carga. O importe da obra foi de máis de 1 millón de euros con cargo ao Programa de Equipamentos Pesqueiros, financiado a través do Fondo Europeo da Pesca.

30 de marzo de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.