A ludoteca de Semana Santa acolle a máis de 50 nenos e nenas
A segunda edición da ludoteca de Semana Santa de acceso libre e gratuíto acolle no seu primeiro día a medio centenar de nenos e nenas de Nigrán. Esta iniciativa, posta en marcha polo goberno municipal para axudar a conciliar a vida laboral e familiar, con custo cero para as familias, permanecerá aberta en horario de 10.00 a 14.00 horas.
A ludoteca despedirase o mércores, cunha dobre sesión de conta contos a partir das 12.00 horas na nova Praza do Concello, a cargo de “Voltereta e volvoreta” e “Cocorico”.











