A Guarda dispón de visitas guiadas durante a Semana Santa
O Concello da Guarda e o Padroado Municipal Santa Trega ofrecerán visitas guiadas na Semana Santa dende o mércores 1 ata domingo 5 de abril. Como é habitual nos últimos anos ofreceranse visitas guiadas ó Monte Santa Trega en diferentes quendas para que poder ofrecer unha atención de calidade ós centos de visitantes que se achegarán o noso recoñecido monte.
As visitas das 12:00 e 17:00 comezan no Museo Arqueolóxico cunha duración de 90 minutos. Ás 16:00 haberá unha visita de 30 minutos no Castro de Santa Trega.
Como novidade esta semana santa tamén haberá visitas guiadas ó Castelo de Santa Cruz para dar a coñecer esta fortaleza e a súa historia. A visita comezará ás 17:00 no interior do recinto cunha duración de 1 hora.
Estas visitas non precisan reserva (excepto os grupos de máis de 10 persoas). O servizo de guía é gratuíto. No caso do Monte Santa Trega tan só é preciso realizar o pago do acceso ó monte.