A gala solidaria do XIII Festival Intercentros celébrase no Coliseum este venres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+
Presentación do Festival Intercentros

Presentación do Festival Intercentros

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, asistiu esta mañá á presentación do XIII Festival Intercentros, unha gala solidaria que se celebra cada ano na cidade e coa que o Concello quere demostrar o seu “apoio incondicional” aos valores que transmite, como “o respecto aos demais, o traballo en equipo ou o esforzo para alcanzar unha meta”.

O festival, que xa se consolidou como un referente na cidade a nivel educativo e cultural, celebrarase no Coliseum este venres, 13 de marzo, a partir das 17.00 horas. Como en edicións anteriores, o evento recada diñeiro para un fin social. Neste caso doaranse os fondos conseguidos ao proxecto Viaxe cara á vida, co que a ONG Terra de Homes poderá financiar a viaxe de dez nenos de África con enfermidades severas para que poidan ser operados no CHUAC.

O Festival Intercentros é unha actividade educativa, musical e solidaria para nenos e mozos de entre 9 e 18 anos. O certame conclúe este venres cunha gala no Coliseum onde se poderá gozar de tres modalidades: directo, canción e coreografía. Haberá 42 actuacións e case 900 nenos e mozos sobre o escenario.

“O Festival Intercentros é un evento moi relevante para este Concello tanto polo número de institucións e centros que participan como polos mozos e as súas familias que se implican neste proxecto solidario. Como sempre digo, o Festival Intercentros é moito máis que unha gran gala musical, é unha actividade formativa e solidaria que demostra o bo estado de saúde do que gozan os centros educativos da nosa cidade, concluíu o concelleiro de Educación.

As entradas están á venda no despacho central do quiosco da praza de Ourense e a través de www.servinova.com. Máis información en www.festivalintercentros.org. O hasthtag da gala será #intercentros2015.

11 de marzo de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.