A Fundación Azkar participa nas xornadas de fútbol sala da Copa de España en Ciudad Real
Aproveitando a celebración da Copa de España de Fútbol Sala – Ciudad Real 2015, o Comité de Adestradores da Federación de Fútbol de Castela a Mancha coa grande colaboración do Comité Nacional da R.F.E.F., organizaron unhas xornadas dirixidas a adestradores de Fútbol Sala durante os días 13 e 14 de Marzo nas cales formarán parte José González, director da Escola Terra e Iván Pico, xerente da Fundación Azkar.
O primeiro deles expoñerán un relatorio táctico que versará sobre “Desenvolvemento nas etapas de formación do sistema ofensivo 3-1”, mentres que Iván Pico dará unha charla a sobre “A metodoloxía do proceso ensino-aprendizaxe orientada ao futsal”. Ambas as dúas charlas terán lugar na mañá do venres 13 de Marzo no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Colexio Salesianos de Ciudad Real.
Resto de relatores das xornadas:
JAVIER LOZANO, Presidente LNFS
JOSÉ VENANCIO LÓPEZ (Seleccionador Nacional de Fútbol Sala): “Adestramento e a Filosofía do Adestrador nas categorías inferiores”.
FEDERICO VIDAL (2º Seleccionador Nacional de Fútbol Sala): “Fundamentos Ofensivos de Táctica Individual”.
SERGIO MULLOR (Adestrador Melilla FS (2ª División)): “Metodoloxía e Adestramento das accións a balón parado, dende a base á elite”.
LEO HERRERA (Adestrador porteiros Valdepeñas FS (2ª División)): “Estrutura e deseño dunha sesión de adestramento de porteiros na etapa de rendemento”.
JOSÉ GONZÁLEZ LOMBARDÍA (Director Escola Terra – Categorías inferiores de Prone Lugo AD):”Desarrollo nas etapas de formación do sistema ofensivo 3-1″.
IVAN PICO (Xerente Fundación Azkar: “A metodoloxía do proceso ensino-aprendizaxe orientada ao futsal”.
ÁNGEL ACEÑA (Licenciado en INEF, Máster Preparación Física en fútbol e experto en prevención e recuperación de lesións): “A importancia do adestramento propioceptivo no fútbol sala e a prevención de lesións”.
ADELA CASTRO (Licenciada en psicoloxía e experta en psicoloxía deportiva): “Estado óptimo e positivo do deportista, como se logra e como inflúe”.
FERNANDO ROMERO (Coach empresarial e deportivo): “A motivación e o liderado dende o punto de vista do adestrador e o xogador”.
ENRIQUE SOTO (Adestrador de CD. Moprisala FS): “Adestramento integrado: Toma de decisión nos xogadores con diferente nivel de pericia”.











