publicidade hoxe

A felicidade protagonizará a VIII Charla de Saúde en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este mércores día 11 de marzo, ás 20:00 h no Salón de Actos do Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón, celebrarase a VIII Charla de Saúde dentro dos actos do Día Internacional da Muller e con entrada libre.

Belén Varela Romero, avogada, experta en organizacións optimistas e desenvolvemento persoal e autora do libro “La rebelión de las moscas”, ofreceranos un relatorio en torno á felicidade e o optimismo, estados de ánimo que hai que buscar activamente para despregar todo o noso potencial persoal e social, facer fronte ás adversidades e abrir novos camiños nas nosas vidas.

Durante a súa intervención abordará o concepto de optimismo entendido coma un optimismo activo, ambicioso, capaz de xuntar todo o talento persoal para a consecución das nosas metas. Así mesmo, invitaranos a facer unha reflexión consciente das nosas potencialidades como un elemento máis de autocoñecemento na procura do noso benestar.

A relación entre o optimismo, as estratexias para afrontar os problemas, o estrés e o benestar psicolóxico, están intimamente relacionadas. Estas áreas son comúns a mulleres e homes, sen embargo as mulleres teñen máis predisposición a sufrir problemas de saúde relacionados co estrés. Por este motivo, a identificación da positivade nas mulleres e arredor das súas vidas vólvese un elemento moi importante para o seu día a día.

10 de marzo de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.