A Federación Galega de Vela disputa os Campionatos de España das clases Laser Radial, RSX e Techno293
A Federación Galega de Vela viaxou á Comunidade Valenciana para disputar os Campionatos de España das clases Laser Radial, RSX e Techno293. A clase Laser Radial capitaneada por Alberto García, director técnico da Federación Galega de Vela, acudiu a Torrevieja co seu equipo composto por catro regatistas: Alberto Basadre, Álvaro Sobral, Nicolás Vázquez e Tirso Cerqueira. Hoxe realizáronse as medicións que pasaron sen problemas. Ao non se dar as condicións óptimas de vento, atrasouse a saída ao mar para probar o campo de regatas. Mañá a primeira proba para as 104 embarcacións será ás 12am. Na sede de Valencia, encóntrase a Selección Galega de Vela de Wíndsurf. Hai 26 inscritos na clase RSX e RSX Youth, e 49 inscritos na clase Tecno293. O equipo galego dirixido por Marcos Fernández está composto por, Tomas Vieito, Nacho Elua e Antón Portela en RSx e RSX Youth respectivamente mentres que en Techno293 temos os regatistas Jorge Robleda e Javier Plaza. Mañá comezarán as probas ás 13 horas.











