A Escola de Familia promove o ‘Kero-Pascua’ durante o período de Semana Santa
A Escola de Familia do Concello de Verín promove, por primeira vez, a iniciativa de conciliación ‘Kero-Pascua’, destinada a menores con idades comprendidas entre os dous e cinco anos.
A mesma terá lugar os días 30 e 31 de marzo e 01 de abril no Pavillón Municipal de Deportes de Verín (R/Irmáns Moreno). Trátase dun espazo para facilitar a conciliación laboral e familiar nestas datas festivas de Semana Santa, que se desenvolverá de 11 a 13 horas, e no que os/as nenos/as participarán en actividades lúdico-educativas co obxecto de potenciar actitudes como cooperación, igualdade, autonomía ou creatividade, entre outras.
Para participar nesta iniciativa, con prazas limitadas, é necesario inscribirse no servizo de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude. Avda de Portugal 11, bis. Teléfono: 988-414776) ou na Escola de Familia Municipal (Rúa Rosalía de Castro 4. Teléfono: 988-411468).
Devandita iniciativa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Nadal’, ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar, ‘Kero-Kedar +’, Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, ‘ABC de Costura’, ‘Arte de vestir’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.











