A empresa cambresa Meigamoura obtén o terceiro posto nunha convención de marmeladas en Inglaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+

Nun entorno maravilloso,  a mansión Dalemain é coma seu nome indica, unha casa solariega de estilo georgiano de 1744, rodeada duns xardíns de gran importancia botánica e histórica. Aquí, dende fai 10 anos, celébrase un concurso de gran sona internacional. Onde os máis expertos e coñecedores do ámbito das marmeladas fan de xuíces para escoller as mellores marmeladas do mundo. Alí concurriron máis de 2000 marmeladas chegadas de tódolos continentes. Dende Xapón, Australia, India, Canadá, Bahamas, Taiwan, Francia, República Checa, Nueva Zelanda, Romanía, Irlanda, España… chegaron miles de tarros de marmelada, ate este reino de mestres marmeladeros, Inglaterra, berce das mellores marmeladas do mundo. Todos con moita ilusión, dispostos a participar , disfrutar da experiencia e sobre todo aprender… Meigamoura, cunha marmelada de exquisitas clementinas de Cecebre  conseguíu un Bronce na categoría “Any Citrus”.

9 de marzo de 2015 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.