publicidade hoxe

A Directora xeral de familia e Inclusión reúnese coa asociación de veciños San Cosme de Maianca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A Directora xeral de familia e Inclusión da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia reuniuse onte cos membros da asociación de veciños San Cosme de Maianca e o Club de pensionistas de Mera. Ante as novas apericidas na prensa na que denunciabamos o mal uso que se estaba a facer da casa do mar, esta reunión era esperada pola nosa parte, xa que tras a realización das obras na planta alta da casa do mar de Mera para facer un centro de día tivemos que desprazar a nosa actividade a locais prestados ao Concello na praza Ana Kiro.

Os colectivos, ante a non creación do centro de día, reclamamos a utilización polo pobo para a realización de actividades. Petición á que a Xunta de Galicia denegou en varias ocasións ao longo dous anos despois de que rematara a obra. A Consellería contratou dúas persoas nun edificio que apenas ten actividade. O horario que ten o persoal da Xunta non se adecúa aos horarios dos usuarios da asociación e do colectivo de pensionistas.

Na reunión celebrada onte repetimos aos responsables da Xunta as propostas formuladas para a cesión do uso deste inmoble aos colectivos veciñais. Os colectivos non admitimos mais enganos e triquiñuelas electorais. Este edificio pasou a ser propiedade da Xunta co obxectivo de que se usara polos veciños e veciñas, fin que xa non cumpre. A Directora do Centro recoñeceu que pola mañá non había actividade, a excepción de un día. E das 20 actividades que propuxeron apenas están facendo algunha.

A reclamación que lle fixemos onte foi que nos cedesen o uso das salas necesarias a partires das 8 da tarde e os domingos, xa que é o horario que nós precisamos para as actividades que estamos a realizar. E outras que queremos poñer en funcionamento pero que por falta de local non podemos. Nos próximos días remitirase a solicitude por escrito. Asimsi solicitouse que se restaurara os erivizo de limpeza que se lle retirou sen xustificación algunha aos pensionistas. E curioso que despois de catro anos unha negativa por resposta, agora, dous meses antes das eleccións se desperte o interés.

13 de marzo de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.