publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A deputada Ana Isabel Vázquez e o alcalde Julio Sayáns inspeccionan as obras do PUSIM en Campo Lameiro por 216.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroPontevedra
A-
A+
A deputada e o alcalde na visita ás obras

A deputada e o alcalde na visita ás obras

A deputada provincial Ana Isabel Vázquez e o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns, inspeccionaron onte as obras que a Deputación está a acometer no concello relativas ó Plan de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM).

En concreto inspeccionaron os traballos para dotar de sumidoiros e saneamento o lugar de Paredes, unha obra para a cal a institución provincial achegou 100.119 euros. Tamén visitaron as obras de construción dos vestiarios no campo de fútbol de céspede artificial realizado pola Deputación, cun investimento de 600.000 euros, que implicou a instalación de bancadas, o asfaltado do perímetro do campo e a creación dun novo aparcadoiro no seu exterior; agora a institución provincial mellora esta instalación deportiva con novas dependencias e servizos nos vestiarios, cun investimento de 50.000 euros.

No marco do PUSIM a Deputación concedeulle ó Concello de Campo Lameiro un total de 216.215 euros para pavimentar camiños rurais (20.000 euros), dotar de saneamento o lugar de Paredes (100.119 euros), mellorar as vías municipais (46.095 euros) e instalar vestiarios no campo de fútbol (50.000 euros).

17 de marzo de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.