publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación revalorizará a senda peonil ao faro de Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFisterra
A-
A+

A Deputación da Coruña aprobou no Pleno do venres un convenio de colaboración co Concello de Fisterra polo que a institución provincial asumirá a reparación da senda peonil que leva ao faro.

O proxecto nace dunha petición do alcalde, José Manuel Traba Fernández, que trasladou á institución provincial o mal estado actual da senda que vai dende a igrexa de Santa María das Areas ata o faro de Fisterra e que transcorre na súa maior parte do percorrido en paralelo á estrada, o que tamén supón certo perigo pola escasa sección da senda actual e o seu mal estado.

Trátase dun viario usado tanto por peregrinos coma polos veciños do concello, por iso a Deputación decidiu asumir en solitario esta reforma por valor de 150.000 euros e que consistirá en acondicionar o actual traxecto.

Os traballos consisten en acondicionar a senda dende o borde da calzada existente e realizaranse recheos ao longo do traxecto. Co paso do tempo espérase consolidar unha nova vexetación e que a senda quede rehabilitada.

2 de marzo de 2015 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.