A Deputación de Pontevedra concede 215.500 euros ao Concello de Poio para a reposición de servizos
Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a concesión dunha axuda de 215.574 euros ó Concello de Poio para a reposición de servizos na rúa Río Tambre, na Caeira, na parroquia de San Salvador de Poio.
A obra está incluída no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 e consistirá na reposición integral da rede de servizos nesta rúa, cun prazo de execución de catro meses.
O traballo aprobado renovará as canalizacións de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións e rede eléctrica subterránea, xa que estas redes están moi deterioradas polo uso e o paso do tempo.
Aproveitando estas obras nas redes municipais, instalaranse canalizacións subterráneas para a rede de telecomunicacións e a subministración eléctrica, que, na actualidade, son aéreas.