publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede 128.589 euros ao Concello de Sanxenxo para reparar o pavillón de Vilalonga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSanxenxo
A-
A+

A Deputación de Pontevedra concedeulle hoxe, na súa Xunta de Goberno, 128.589 euros ó Concello de Sanxenxo para efectuar melloras no pavillón de Vilalonga. O pavillón, construído pola Xunta de Galicia en 1997, hoxe ten numerosas deficiencias, sobre todo de filtracións de auga e deterioración das instalacións como consecuencia do paso do tempo.

O pavillón presenta deterioración do lucernario sobre a pista, con filtracións de auga, as terrazas planas e a cuberta sobre os vestiarios; rotura de instalacións eléctricas, azulexados, deficiencias en linteis; deterioración da pintura da estrutura e paredes, así como das portas interiores e de acceso ás instalacións.

O proxecto, presentado polo Concello de Sanxenxo dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación, que hoxe acordou o seu financiamento, reparará estas deficiencias de forma que se garantan as melloras necesarias para a correcta utilización do pavillón. As obras teñen un prazo de execución de 2 meses.

19 de marzo de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.