A Deputación da Coruña acolleu esta fin de semana a semifinal do Parlamento Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Parlamento Xove, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, celebrou este sábado a súa semifinal na Deputación da Coruña. O presidente da institución provincial, Diego Calvo, xunto á conselleira Beatriz Mato, e do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, animaron os mozos a aproveitar esta oportunidade de aprender a debater porque, segundo explicou Calvo, é algo fundamental para o futuro. “Non só saber falar e argumentar as túas opinións, senón o máis importante: saber escoitar as dos outros”, asegurou Calvo ante os rapces. Nesta ocasión, tomaron parte nos debates 22 equipos de 21 centros educativos de Galicia, formados por alumnos de 3º e 4º da ESO. O asunto de debate foi “Debería adiantarse aos 16 anos a maioría de idade legal?”

9 de marzo de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.