A Deputación adxudica a pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis, en Meaño, por 156.000 euros
A Deputación de Pontevedra adxudicoulle o venres, na súa Xunta de Goberno, a Construcciones y Proyectos Abilleira a obra de pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis, en Meaño, por 155.535 euros.
Trátase do camiño de 875 m que vai desde o cruzamento da PO-9303, en Morouzos, pasando por Vilarreis, ata o lugar de Abuín, cun rebaixe da rasante de 90 cm, na parroquia de Dena.
No curso da obra realizaranse ensanches e pavimentacións, reconstruiranse muros e recolleranse pluviais con 23 sumidoiros de calzada e unha canalización con tubo PVC de 315 mm de diámetro e 9 pozos de rexistro.