A concellería de Cultura de Ferrol retoma “A hora do conto” coa compañía Trinke Trinke
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, retoma o vindeiro venres, día 13, a actividade de contacontos “Hora do conto” na Biblioteca Municipal Central. Esta nova sesión chea de historias divertidas dará comezo ás 18:00 horas e é de carácter gratuíto. Un narrador da Compañía Trinke Trinke será o encargado de contar os contos.
Debido á afluencia de público a esta actividade e por motivos de seguridade, o aforo estará limitado. Así, os interesados en asistir poderán retirar xa a súa invitación no mostrador da planta baixa da Biblioteca. Esta actividade se celebra con carácter quincenal.











