publicidade hoxe

A Cidade do Futsal modifica as súas datas e celebrarase o 11 e 12 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal, en colaboración con Viaqua e Concello de Santiago de Compostela, organiza a II Edición do torneo de futsal ‘Cidade do Futsal’ que se celebrará na Cidade da Cultura os días 11 e 12 de Abril.

En vista do interese dos clubes e colexios de Santiago en participar no Torneo, pero con inconvinte que para eles supón as datas da festividades de Semana Santa por mor das vacacións escolares, a organización decidíu modificar a data co obxectivo de garantir o éxito de participación dun gran número de colexios e clubes.
O partido do próximo sábado, correspondente á 27ª xornada de Liga, fronte a FC Barcelona servirá de pistolezado de saída á ‘Cidade do Futsal’ xa que tódolos clubes que confirmaron asistencia foron invitados ao partido.

A ‘Cidade do Futsal’ vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, que se poderán inscribir ao evento en equipos formados por 4 o 5 xogadores. Ademáis da Minifutsal Cup, haberá outras actividades coma inchables, pistas de voleiboll, actividades formativas Viaqua e diversas zonas de ocio familiar. Ademáis destas actividades, haberá firma de autógrafos dos xogadores do Santiago Futsal. Os equipos inscritos ao torneo disputaran os seus encontros a tarde do sábado e o domingo durante todo o día.

As inscripcións para ‘Cidade do Futsal’ están dispoñibles na web do Santiago Futsal (www.santiagofutsal.com) así coma na oficina do clube, onde se recollerán os formularios en horario de 10h a 14h. Tamén se poden remitir mediante correo electrónico ao enderezo administracion@santiagofutsal.com. A inscripción é totalmente de balde, así como a participación en tódalas actividades alleas á Minifutsal Cup que se levaran a cabo na Cidade da Cultura durante a celebración da ‘Cidade do Futsal’.

24 de marzo de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.