publicidade hoxe

A aula de ecoloxía urbana de Ferrol organiza un obradoiro para a elaboración de ambientadores caseiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

As actividades para adultos da Aula de Ecoloxía Urbana do Concello de Ferrol continúan o vindeiro fin de semana cun obradoiro de destilación caseira. Este taller de destilación de aceites esenciais, sen necesidade de alambique, para a elaboración dun ambientador caseiro se desenvolverá os días 4 e 5 de abril en horario de 17:00 a 18:30 horas.

As prazas serán limitadas polo que os interesados deberán apuntarse até pasadomañá, xoves día 2, a través do correo electrónico: aeuferrol@mundo-r.com ou chamando ao teléfono 981 94 42 22. Este obradoiro é gratuíto pero os participantes deberan levar os seguintes materiais:

– 1 paquete de follas de xelatina neutra (sen sabor).

– 1 frasco de vidro non moi gran (o tamaño dos tarros do pate é xenial). Se é un frasco orixinal, o ambientador quedará moi decorativo.

31 de marzo de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.