A área de Xuventude de Ourense organiza unha actividade de observación do eclipse de sol no Parque do Barbaña
A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense, en colaboración co observatorio “El Mirón del Cielo” organiza unha actividade de observación do eclipse de sol, que será visible dende a nosa cidade pasado mañá, venres, 20 de marzo, de 9:05 a 11:16 horas.
Empregaranse 3 telescopios, dous deles para uso en visual e outro conectado a unha pantalla para poder aprecia-lo evento en directo. Asemade, unha carpa explicativa con todolos detalles deste eclipse situarase no lugar da observación, nas pistas deportivas do parque Barbaña.
O sol cubrirase un 78,30% podendose apreciar un descenso notable da luz, e da temperatura.
Será no Parque do Barbaña, na zona das canchas deportivas, e poderán participar persoas de tódalas idades. A actividade será dende as 09:05 ata as 11:16, e a carpa informativa estará ata as 13:00h.











