33 vehículos clásicos participarán no II Ralli do Descubrimento de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

ralli-descubrimento-en-tuiEste sábado, 21 de marzo, o Concello de tui será o lugar de saída da segunda edición do Ralli do Descubrimento, organizado pola Escudería Vigo Clásicos, en colaboración co Concello de Tui. Trinta e tres vehículos de antes do ano 1970 concentraranse no Parador de Tui, entre as 09.30 e as 10.30, sendo o horario de saída a partir das 11.15 horas.

Compre destacar a participación de dous Hispano Suiza de 1926, de dous Cádillac, dun Bugatti T57, así como de varios modelos Mercedes e Porsche.

O ralli dividirase en dúas etapas, compostas por tres seccións en total. Os participantes sairán dende Tui percorrendo parte do municipio, dirixíndose a continuación ao concello de Tomiño, rematando a xornada no Parador de Baiona. O domingo 22, a proba partirá ás 11.00 horas, percorrendo o municipio de Gondomar e rematando a proba nas instalacións do IFEVI.

18 de marzo de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.