publicidade hoxe

Xornada sobre almorzos saudables en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O próximo martes 10 terá lugar no Obradoiro unha xornada Mancomunada de Almorzos Saudables na que participarán 150 nenos dos C.E.IP: Serra-Vincios, Da Cruz-Camos, Fontes Baiña, Belesar e Sabarís.

Enviamos o programa da Xornada que terá lugar na Residencia de Tempo Libre de Patos:

. 10,00 AM Recepción dos escolares e presentación.

.10,15 AM Taller de Froitas, a cargo dos Alumnos-traballadores da especialidade de Servizos de Restaurante do O.E

.10,30 AM Taller de Repostaría, a cargo dos alumnos­- traballadores da especialidade de Operacións Básicas de Cociña do O.E.

. 10,45 Charla Formativa sobre almorzos saudables a cargo de Gloria Pérez, Naturópata Terapeuta Holistico.

. 11,15 Almorzo saudable realizado polos alumnos­ traballadores de Operacións Básicas de Cociña e servido polos Alumnos -traballadores de Servizos de Restaurante.

. 11,45 Final da xornada

6 de febreiro de 2015 | 23:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.