publicidade hoxe

Xornada formativa sobre “A Cervexa” no obradoiro Terras do Miñor III

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III”, promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, acolleu onte a celebración da xornada formativa “A Cervexa”, coa colaboración do departamento de formación de Estrela Galicia.

O obxectivo foi dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais; os procesos de fabricación, características e as distintas variedades da cervexa, ademais do lugar que ocupa no mundo da gastronomía e as súas calidades como produto san e natural dentro da dieta mediterránea. A cervexa é unha acompañante ideal para multitude de pratos da gastronomía galega, así como doutras cociñas como as latinoamericanas ou as orientais.

Os alumnos da especialidade de Servizos de Restauración, tiveron a ocasión de participar nunha cata guiada de tres variedades de cervexas, o que contribúe en boa medida a ampliar a súa formación no módulo formativo de bebidas. A continuación os alumnos recibiron, de mans de expertos da marca, formación teórico-práctica en tirada de canas, na cal puideron poñer a proba a súa destreza e os coñecementos adquiridos, nesta nada doada técnica de tirada de canas de cervexa.

25 de febreiro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.