publicidade hoxe

Xesús Vázquez comproba o resultado das obras de mellora da Torre do Reloxo de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaNeda
A-
A+
Xesús Vázquez ante a Torre do Reloxo de Neda

Xesús Vázquez ante a Torre do Reloxo de Neda

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o avance das obras de mellora da Torre do Reloxo do edificio da Casa do Concello de Neda, nas que o seu departamento investiu preto de 38.000 euros. Durante a súa visita a este ben, sito nun tramo do Camiño Inglés, o conselleiro estivo acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo.

O obxectivo da devandita obra foi mellorar a aparencia e ornato da torre, para o que se levou a cabo a eliminación das liñas e cadros das instalacións de alumeado público, electricidade e telefonía fixados á fachada da mesma. Así mesmo, a actuación contemplou a mellora da cuberta e das portas que dan ao edificio do Concello, a limpeza da fachada do edificio, así como o encintado dos esquinais de perpiaños de pedra e a aplicación de morteiro tradicional nas partes con mampostería. Todas estas actuacións permitiron a recuperación e visibilización da estrutura orixinal do monumento, a lectura das distintas fases construtivas e, en resumo, a posta en valor do edificio.

O conselleiro, acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, foi recibido no Concello polo alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, pola concelleira de Promoción Turística, Patrimonio e Facenda, Montserrat Rico; polo concelleiro de Obras, Roberto Rey; e polo concelleiro de Medio Ambiente, Transportes e Seguridade, José Manuel Gradaílle.

Un edificio singular de Ferrolterra

A Torre do Reloxo de Neda, sita nun tramo do Camiño Inglés a Santiago de Compostela, é unha construción de planta cadrada que se eleva sobre os edificios contiguos. Construída en cachotería, con pezas de cantería reforzando a fábrica, ten unha porta con lintel e unha ventá de arco apoiado en columnas, e está rematada por un campanario e un reloxo que lle dá nome. Con este investimento a Consellería contribúe á conservación e posta en valor deste inmoble singular, que xa formaba parte do conxunto construtivo da Casa-Hospital e capela do Santo Espírito feita por Margarita Fernándes e Pero García no ano 1500. De feito, esta construción estaba moi alterada pola perda dos recebos e pola presenza de cadros e cables que supoñían un impacto visual non desexado.

3 de febreiro de 2015 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.