Vedra aposta por unha opción diferente para os emprendedores, o programa “Un paso máis”

Presentación do programa
Onte luns 2 de febreiroe contando coa presencia do alcalde Carlos Martinez Carrillo Vedra deu o primeiro paso deste “Programa de dinamización do emprego e de melloras das empresas locais”. Tratouse dunha primeira toma de contacto deste servizo de asesoramento para persoas emprendedoras e/ou con ideas de negocio por desenvolver.
Tratárase dun programa personalizado de seis meses de duración e que se fundamentará en catro liñas de acción:
– Formación e técnicas de coaching.
– Consultoría individual e de grupo.
– Seguimento personalizado.
– Análise doutras iniciativas xa consolidadas que serven de exemplo e referencia.
O obxectivo é conseguir orientar e facilitar a creación de novos negocios e empregos en Vedra e da xente de Vedra, ademais de servir de impulso para todas esas ideas novas que sempre custa despegar e farase dunha maneira directa, individual, próxima e continuada.
É unha aposta diferente a todas as concibidas con anterioridade a as expectativas son a priori moi positivas tanto para a organización como para as 11 persoas que tiveron onte o primeiro contacto coa acción. A idea e seguir sumando ata acadar o obxectivo das vintecinco prazas que poden participar deste proxecto, por esta razón dende o departamento de emprego do concello instase a toda persoa con interese de emprender, con ideas orixinais e novidosas a poñerse en contacto xa ben a través do teléfono 981 814 692 ou no enderezo electrónico alcaldia@concellodevedra.com