Uso de cadeas en zonas da montaña de Lugo
A presenza de neve na rede viaria galega obriga na mañá deste xoves a usar cadeas para circular nalgunhas estradas da zona de montaña da provincia de Lugo.
En concreto, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), os turismos necesitan cadeas para circular por a LU-633 en Pedrafita do Cebreiro e na LU-723, na zona dos Ancares.
Ademais, dende as 00,18 horas deste xoves a neve condiciona a circulación na autovía a-8, dende o quilómetro 590 en Baamonde e o 560 en Vilalba, en ambos os dous sentidos.











