UPyD pide ao Concello de Ferrol que chegue a un acordo para paralizar a poxa das fragatas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A delegación de UPyD Ferrolterra pide ao Concello de Ferrol que se poña en contacto de inmediato co Ministerio de Defensa para paralizar a poxa publicada no BOE dunha das dúas Fragatas, a Asturias ou a Extremadura para convertelas nun museo flotante.

Estas fragatas representan unha parte importante das historia da construción naval desta cidade e valen máis que o ferro do que están feitas, se fosen subhastadas como ferralla acabariamos perdendo un patrimonio histórico irrecuperable.

A maioría dos países con máis e menos tradición marítima que España souberon reutilizar os seus buques de guerra como atractivo para potenciar o turismo nos lugares nos que están situados.

En España non contamos con ningún museo deste tipo, sendo un dos países con máis quilómetros de costa e cunha das armadas máis importantes da historia, España non soubo conservar nin un dos seus barcos de superficie orixinais como museo. Ferrol non pode seguir deixando que se perdan oportunidades de crear atractivos recursos turísticos que xa están construídos como aconteceu coas baterías de costa que sirvan como reclamo insignia do noso turismo naval.

Dende UPyD apoiamos a iniciativa que defenden numerosas asociacións e grupos de diferentes redes sociais dende xa hai anos así como peticións na plataforma change.org, todo iso reunindo a miles de persoas que apoian esta causa, para converter aos vellos buques da frota en museos flotantes, e por esta razón así reflectímolo no noso programa electoral para Ferrol.

25 de febreiro de 2015 | 20:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.