UPyD denuncia que o Concello de Ferrol continúa utilizando o Sánchez Aguilera como entulleira ilegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Delegación Local de UPyD Ferrolterra denuncia que o Concello de Ferrol está a acumular en forma de entulleira ilegal, nesta ocasión coas pedras retiradas do casco vello da cidade, incumprindo a normativa de tratamento e almacenamento de residuos e sen formalizar completamente o acordo con Defensa.

Isto súmase ao xa enormemente deteriorado estado das instalacións, sepultadas baixo a maleza e á enorme cantidade de residuos urbanos, coches municipais abandonados e restos de obras públicas que o Concello acumula nas instalacións.

UPyD recorda que xa propuxo utilizar as instalacións para centralizar os servizos de policía, bombeiros e protección civil de toda a bisbarra, por ter unha situación privilexiada e con bos accesos e por supoñer un grande avance administrativo e de integración de servizos, que se traduciría sumado á fusión municipal de Narón e Ferrol, nun enorme aforro e nunha mellora da calidade do servizo aos cidadáns.

18 de febreiro de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.