Uns 200 estudantes participan en obradoiros para acceder a través do galego ao portugués

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá martes 24 de febreiro un grupo de 100 alumnos/as de 1º de bacharelato do IES Gonzalo Torrente Ballester participarán nos obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe. Haberá dúas quendas: un grupo ás 10.30 e outro ás 12.30 horas.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra ofreceu aos centros educativos, a principios deste curso, a posibilidade de realizar os obradoiros OPS! O galego a nosa vantaxe. Os obxectivos fundamentais desta actividade son poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, e mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil.

Preto de 400 estudantes de terceiro ciclo de primaria, ESO e bacharelato participaron nesta actividade no mes de novembro, aprendendo, ao longo de dúas horas lectivas, que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, sabendo falar galego teñen unha clara vantaxe competitiva.

23 de febreiro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.