Uns 100 nenos celebraron o Dia de Rosalía coa lectura de poemas no Parque de Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Día de Rosalía de Castro en Lugo

Día de Rosalía de Castro en Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá ao acto de homenaxe realizado polos nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro fronte o busto da escritora galega.

Así, ás 11 da mañá preto de 100 nenos e nenas de 2º, 5º, e 6º de Primaria fixeron lecturas de diferentes poemas da escritora Rosalía de Castro de obras como Cantares Gallegos e Follas Novas ambientados con música de gaita.

Ademais tamén participou no recital organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no Mercado de Abastos e na Praza de Abastos con música e lectura de poemas de Rosalía de Castro e no que invitaron aos cidadáns a regalar hoxe un libro en galego e unha flor.

O Concello de Lugo chama a todas as persoas a defender e falar a lingua galega que Rosalía de Castro elevou a máis alta dignidade literaria e chama aos nenos e nenas que son o futuro de Galicia a aprender, estudar e falar a lingua do seu pobo.

24 de febreiro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.